Este foi un dos libros que máis me gustaron.Trata sobre unha rapaza que se
chama Iris que debido a que se pechou o psiquiátrico, no que estaba a súa tía
avoa, ten que se facer cargo dela. A súa tía avoa chámase Esme Lennox e en sesenta
anos nunca a deixaran saír do hospital psiquiátrico. Iris non coñecía a
existencia de Esme e ao ter que facerse cargo dela estaba como algo
desconcertada pero pouco a pouco vaise interesando cada vez máis por ela.
Esme conta neste libro como a trataban na súa época por non ser igual ca os
demais xa que ela para todo o mundo era diferente. Conta como a trataban cando
por exemplo había ceas ou comidas na súa casa. A Esme sempre lle gustaba andar
por debaixo da mesa cando viñan as visitas, dicía que dende alí abaixo podíanse
ver as imperfeccións das persoas invitadas,como por exemplo os zapatos, as
medias, etc.
Ó principio o que non entendía moi ben era a relación de Iris e de Luke porque
hai un capítulo no que me desconcentrou moito no que debía estar xuntos e Iris
estaba lendo e Luke dicíalle que deixara de ler e que falaran un pouco; nese
momento descentreime da historia. En xeral é un libro precioso onde se acusa a
unha persoa, mellor dito, unha muller, por ser diferente, cousa que é inmoral.
Gustaríame ler moitos máis libros así deste estilo.
Sen comentarios
Publicar un comentario