Madonna e outros contos de inverno é un libro realmente sorprendente e ao mesmo tempo un pouco estraño. Nesta ocasión Manuel Rivas relátanos oito pequenos contos de temáticas diferentes como pode ser: a emigración, a lembranza dun naufraxio, o amor, a traizón…
Un dos oito contos que me encantou e debo destacar é ``O partido de Reis´´; neste conto o protagonista é un rapaz que con esta síndrome e non perde a esperanza pola súa gran paixón que é o fútbol. Cando estaba a ler este relato lembrábame de cando era pequena e que me encantaba xogar no patio do colexio ao igual que ``Down´´. Debo dicir que ao mesmo tempo me pareceu un pouco triste o momento no que os compañeiros o deixaban marxinado ata que tiveron que botar man del para un partido moi importante o día de Reis e demostrou o moito que valía.
Por outra banda destacar que `` A chegada de Ingrid ´´ foi o relato que máis me aborreceu e que me custou comprender. Neste caso o autor dálle moitas voltas a historia e faise pesada.
Dicir que unha vez rematado de ler o libro decateime de que todos os contos a pesar de ser diferentes teñen algo en común: o Nadal e o ambiente do inverno, é un libro que merece a pena ler para experimentar distintas emocións.
Sen comentarios
Publicar un comentario