Comentario de Cristina Costela Seara
O cuarto de invitados
Helen Garner
Rinoceronte
Helen Garner
Rinoceronte
O
cuarto de invitados de Helen Garner é un libro que describe a relación de dúas
vellas amigas. Unha delas, Nicola, que tras serlle diagnosticado un cancro
terminal decide trasladarse a casa da súa amiga Helen, mentras leva a cabo un
tratamento de medicina alternativa. Durante o tratamento, Nicola dase conta
de que está peor do que imaxinaba e do que ela mesma estaba disposta a aceptar.
Helen convértese
na súa enfermeira, coidándoa con todo o agarimo e paciencia posibles, pero a
súa desaprobación polo tratamento alternativo no que confía Nicola fai que
afecte a súa amizade. Este desacordo fai que a novela entre en temas como por
exemplo ata que punto están dispostas a sacrificar os seus intereses propios
pola outra persoa e ata onde chega o apoio dunha persoa que non opina o mesmo
ca ti.
Nesta novela
tamén se reflexa a importancia do apoio dos familiares e amigos dos enfermos e a
como vivir cunha enfermida terminal, e é que Nicola a pesar do mal que estaba
sempre tiña un sorriso na cara.
Unha novela que
me encantou e que che fai reflexionar sobre o sacrificio de coidar a un ser
querido e que destaca a forza da amizade; polo que debemos valorar as relación
que establecemos ao longo da nosa vida. O que máis me impactou do libro foi ver
o egoísmo que está tan presente hoxe en día.
Unha novela que paga a pena ler !
Sen comentarios
Publicar un comentario