ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de David González Sampayo

Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais




Este foi o primeiro libro que lin de Manuel Rivas e, en xeral, gustoume bastante. Este libro está formado por varios contos e relatos de temática moi variada e a maior parte deles cheos de intriga e emoción. Todas as historias están relatadas nun ambiente invernal e de Nadal. Tamén quero comentar que hai algunhas cousas que eu lle suprimiría a este libro, dous aspectos que fan que este libro non acade a perfección. Hai dous relatos que quero destacar positivamente, estes son: "O carteiro de Papá Noel" e "O partido de Reis". En cambio, "O namorado de María" e "A chegada de Ingrid", non me gustaron nada.

Unha das historias que máis me gustou foi "O carteiro de Papá Noel", xa que é un relato de acción e este é o meu xénero literario preferido. Nesta historia, un home que traizoa o capo Cempés, disfrázase de Papá Noel para ocultarse do capo e que non o matase. Un día transporta droga ata o barco e no porto ponse ao durmir, pero cando esperta, escoita a voz rouca do capo Cempés. Este foi o relato que máis me gustou pola súa intriga, emoción e pola sinxeleza e a pouca extensión da historia, aparte tan só relata os feitos puntuais e relevantes.

Outro dos relatos que máis me agradou foi "O partido de Reis", que é unha historia na que o protagonista é un rapaz con síndrome de down, cuxa paixón é o fútbol, para el o partido do recreo ten tanta importancia coma unha final dun torneo. "Down", como o chamaban os seus compañeiros, de pequeno burlábanse del, pero co paso do tempo fórase integrando no grupo de compañeiros. Cando comezou a liga de fútbol, a "Down" nunca o convocaban, xa que o consideraban inferior; pero o día de Reis tiñan un partido e faltaba un xogador, entón tivo que xogar "Down" e meteu o gol da vitoria. O que máis me gustou desta historia foi a ilusión e a perfección coas que fan todo estas persoas. Sen dúbida, un relato moi conmovedor e emotivo.

As dúas historias que menos me gustaron e, como dixen anteriormente, creo que impiden que este libro acade a perfección son: "O namorado de María" e "A chegada de Ingrid". Estes dous relatos parecéronme moi aburridos e pesados e, a pesar, da súa curta extensión, fixéronseme súper longos e estiven a piques de durmirme. Outro feito que quero destacar destes relatos é que non os entendín e fixéronseme moi enrevesados, é dicir, neste caso o autor liouse bastante para transmitir algo medianamente sinxelo.
 

Sen comentarios