Este libro non me gustou moito xa que a maioría das súas
historias teñen un desenlace triste para os seus protagonistas; vou facer un
comentario individual de cada historia.
O namorado de María:
É a primeira que nos trae o libro, esta historia non me
gustou moito debido a que é moi difícil de seguir o fío da historia, polo salto
temporal que acontece nun momento dado e polo seu terrible desenlace co fusilamento
de case todos os personaxes.
Okay:
O que acontece parece como un interrogatorio, no que hai máis
mentiras por parte do interrogado que nin el mesmo sabe o que é verdade e o que
é mentira nun momento dado, non me gustou
moito debido a escaseza de orde na fala do protagonista.
Madonna:
Esta é a historia que dá
nome ao libro, nela pódese apreciar unha historia de gran tristeza, na
que se representa o tráxico que pode ser perder a unha nai incluso no mundo
animal, por iso foi polo que me gustou tanto esta historia.
O amor das sombras:
Esta é para min a máis fermosa das historias, poñéndonos no
punto de vista dun can podemos observar como se desenvolven os amores dunha
pequena vila e como podes ter a alguén querido lonxe e á vez cerca, por iso
gustoume este conto.
O carteiro de Papá
Noel:
Esta historia é a que menos me gustou pola súa historia en xeral, nela vese como se desmorona
a sociedade da época incluso nas fecha máis sinaladas, e como a traizón e o
engano é terrible e cruelmente castigado.
O partido de Reis:
Esta historia reflicte unha imaxe fermosa do que é
aceptar, axudar e comprender as persoas discapacitadas, mostrando para os non
crédulos nesa realidade que eles tamén son persoas, por esa mensaxe é polo que
me gustou esa historia.
A bara de
pan:
É unha historia que nos me gustou moito, debido a que
a súa orde cronolóxica e o seu comezo triste xa non me incitaron moito a lela
pero inda así decidín darlle unha oportunidade e lela ao completo aínda que non
variou nada o resultado.
A chegada de
Ingrid:
Esta é a derradeira historia do libro, non é que sexa
a miña preferida, debido a que o seu final é difícil de entender, e a que a
historia xira arredor dunha boneca que só dá desgrazas.
Sen comentarios
Publicar un comentario