ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/10/15

Moonkid e Liberty

Comentario de Ánxela Barrio Varela


Moonkid e Liberty
Paul Kropp
Galaxia




Este libro gustoume moitísimo porque trata de dous irmáns que se atopan na adolescencia e se encontran nunha situación para reflexionar. Por exemplo a separación dos seus pais, o maltrato escolar, o intento de ser máis popular...

A parte que non me gustou nada deste libro foi cando os “amigos” de Libby a deixan de lado porque penso que pase o que pase non o deberían facer.

Ootra cousa coa que non estou de acordo é a revancha que tivo Ian con seu plan Operación Cromagnon xa que el non era una persoa coma Elo Perdido para comportarse así.

Sorprendeume moito o final debido a que imaxinaba que Libby marcharía vivir xunto coa súa nai pero a verdade é que me gustou máis como acabou finalmente.

Sen dúbida este sería un libro que recomendaría, sobre todo a persoas da miña idade porque trata temas moi interesantes e que ocorren ás veces  ao noso arredor.

Sen comentarios