ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de Miguel González Taboada
Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais
 
 
 
"Madonna e outros contos de inverno" a obra escrita por Manuel Rivas é un libro que recolle diversos contos cunha temática variada, polo que algúns gustan máis que outros.
Dos oito contos que presenta esta obra, eu destacaría estes dous: "A barra de pan" e "O partido de reis".
O primeiro fálanos dunha nai que manda ao seu fillo buscar a pouca comida que lle dan coa cartilla de racionamento. O único que lle chegaron a dar ao pobre rapaz foi unha barra de pan. Cando chegou a casa e case sen darse conta o rapaz comera toda a barra de pan. E aquí e cando chega a sorpresa para todos, a nai en lugar de castigalo (como pensarían a maioría que ía suceder), felicitouno dicindo que o que acabara de facer era o correcto. Penso que nesta a historia reflíctese o amor dunha nai a pesar dos momentos difíciles e foi algo que me encantou.
O segundo fálanos dun rapaz chamado Félix que ten síndrome de Down e que debido a iso os seus compañeiros non o deixan xogar con eles ao fútbol e ademais, métense con el. Ata que un día no partido máis importante do Nadal un dos xogadores non se presentou e Félix debía substituílo. Para sorpresa de todos e seguindo as indicacións que lle deran os seus compañeiros, Down (O alcume que recibía Félix) fixo un gran partido, loitando ata o final e marcando o gol do empate. A verdade é que este conto gustoume moito porque nel móstrase a capacidade de superación dalgunhas persoas, a pesares de que teñan algunha deficiencia, ademais de que emprega un deporte como o fútbol (xa que moitos pensan que só é pegarlle patadas a un balón) para demostralo.
Hai outros contos que me gustaron como "Okay" ou "O carteiro de Papá Noel" pero dos que non teño moito que destacar.
Como dixen ao comezo hai historias que gustan unhas máis que outras, e "O namorado de María" foi unha das que menos me gustou. A historia non era mala pero non a cheguei a entender moi ben nin me chamou moito a atención, pode que fose por ser o primeiro conto que lin. Deixoume cun sabor amargo, o que me decepcionou bastante.
O único inconveniente que lle vin a este libro foi que os contos en xeral son algo tristes aínda que non todos acaban mal. Polo demais recomendo esta peza as persoas que son algo perezosas para ler pero as que lle gustan as boas historias.
 

Sen comentarios