ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/10/15

Xuntos e máis nada


Comentario de Laura Mariño


Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia




É unha fermosa historia cuns personaxes inesquecibles. Moitas veces, a verdadeira familia non é a que se nos impón cando nacemos, senón a que nós mesmos eliximos durante a nosa vida. Son familia as persoas que nos apoian, as que están cando as necesitamos.

Os protagonistas da novela son fráxiles, por iso non son capaces de enfrontarse ao mundo por separado, pero xuntos atopan a forza necesaria para facelo. Hai un gran cúmulo de sentimentos nesta historia que se volve rancio contra o final, porén, esta historia logrou conmoverme ao mesmo tempo que me resultou agradable e realista... cambiaría o final para manter o sentimento do resto da novela.
 

Sen comentarios