Comentario de Nerea Álvarez González
Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais
Este foi un libro que me
pareceu estraño, é dicir que para o meu gusto as historias ou contos dos que
falaba parecíanme un pouco infantís. Con isto non quero dicir que non me
gustara, todo o contrario, gustoume lelo porque a forma na que conta os contos
é moi tenra. Os temas dos que trata son moi diversos e trátaos dunha maneira
especial, por exemplo fai que se empatice co simple feito da ledicia de xogar
un partido de fútbol.
Este foi un dos libros
que menos me gustaron de todos os libros que lin neste tempo .
Encontreino moi aburrido
e moi simple para ser un libro que trata de tantos contos. Nun principio pensei
que ía ser moito máis diferente do que é porque pensei que ía contar as
historias ou os contos dunha maneira máis diferente .
Creo que xa lera noutros
libros do mesmo autor algún destes relatos .
Sen comentarios
Publicar un comentario