Comentario de Tania Areán
Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
Este libro pareceume interesante dende o principio, e cando comecei a lelo gustoume, parecíame interesante saber como sucedera a violación, que foi o que ocorrera, pero a medida que o lía, ás veces facíaseme algo aburrido xa que conta todo o que ocorre ata o xuízo final e iso non me creaba curiosidade, pero o principio e o final do libro gustáronme moito.
O principio chamoume bastante a atención, un profesor que violara a unha alumna, iso xerábame curiosidade por saber como ocorreran os feitos.
Outra parte do libro que me gustou foi o modo no que pasan o Nadal a familia do acusado debido á situación na que estaba metido.
O final é algo inesperado o que fixo que me provocara curiosidade por saber quen realmente fora o autor da violación e que pasaría co profesor Ortiz Cancela.
Sen comentarios
Publicar un comentario