É un libro que me gustou moito, en parte porque o seu autor recolleu nel
oito contos relacionados principalmente co inverno e co Nadal. Tamén trata
temas como a emigración ou o amor.
Con estes contos recordei aqueles Nadais nos que tan ben o pasaba cos meus
amigos. De feito, mentres lía o libro dábanme gañas de que acabara esta
primeira avaliación para reunirme cos meus amigos.
O conto que menos me gustou foi A chegada de Ingrid, posiblemente
porque non o entendín ben.
O conto que máis me gustou foi O amor das sombras porque foi o que
máis me recordou a eses tempos sempre esperados de Nadal.
Dos outros contos non teño nada que apuntar; nin para ben, nin para mal.
Recoméndolle o libro a esas persoas que sintan nostalxia polo Nadal ou polo
inverno.
1 comentario:
A min o libro pareceume algo confuso, xa que me custou entendelo, sobre todo nalgúns contos como o de Okay ou o namorado de María, en cambio os outros que comprendín con facilidade parecéronme bonitos e entretidos, como o da chegada de Ingrid ou o da barra de pan polo amor da nai e o arrepentimento do fillo. Dende o meu punto de vista é un libro que eu recomendaría.
Publicar un comentario