Comentario de Cristina Costela Seara
Marcas de nacemento
Nancy Huston
Rinoceronte
Marcas de nacemento
Nancy Huston
Rinoceronte
Este libro encantoume. É unha
novela de destinos xa escritos, o destino e a sorte de cada persoa están
determinados por un lunar.
Nancy Houston narra desde a
perspectiva de catro nenos de seis anos, e estes non só están unidos por parentesco
senón que as catro historias están enmarcadas en épocas de guerra. A través
destes relatos o lector accede aos recordos persoais que forman parte da
historia familiar ata descubrir o segredo que os marcou: a guerra.
Ese pasado que tanto lles pesa
aos protagonistas reflíctese mediante unha marca de nacemento, un lunar que
todos eles comparten e se transmite de xeración en xeración en distintos
lugares do corpo como metáfora de como o pasado e a historia se transmiten ao
longo dos anos a pesar de ser un pasado que só coñece o afectado por el.
O que me pareceu máis interesante
do libro é o tema das guerras, xa que actualmente tamén hai conflitos deste
tipo.
Unha historia emocionante,
brillante... encantoume. Pareceume un pouco lento na súa parte central, mais é
necesario para “unir” toda a historia que só se entende ao chegar ao final.
Penso que este libro é unha
denuncia, que ao mesmo tempo relata acontecementos que probablemente marcaron a
vida de moitos homes e mulleres.
Un libro que me ten en tensión e
intriga durante toda a historia. E a necesidade de querer saber máis, de
chegar ao fondo da marca que todos comparten fai que as páxinas voen.
Sen comentarios
Publicar un comentario