Este
libro de Manuel Rivas non me gustou moito porque utiliza un
vocabulario moi particular e ás veces non se lle entende. Tampouco me
agradaron moito os contos, o único que me chegou a gustar un pouco
foi "Okay", xa que me pareceu bastante entretido e á vez triste. O que
menos me gustou foi "O namorado de María", pareceume moi aburrido e
teatreiro e non se entende moi ben se ao final o bandoleiro era un
fantasma ou non.
En resumo, foi un libro que non me pareceu moi bo.
1 comentario:
Este libro contén oito contos e todos teñen un tema diferente pero comparten un tempo determinado. Estes contos ocorren nas datas do Nadal ou datas moi próximas a ela. Os temas tratados son diferentes: amor, tristeza, emoción, emigración…
Cada un transmite unha emoción diferente e algúns permítennos reflexionar sobre un determinado momento que ocorrese ou estea ocorrendo na nosa vida.
Nestes contos sempre se saca unha conclusión moral en torno ó tema tratado para intentar aplicar nas nosas vidas e melloralas a través das ensinanzas morais do conto.
Publicar un comentario