Esta
nova obra do famoso escritor galego Manuel Rivas, do que nunca lera un libro,
realmente gustoume moito e quedei
satisfeito da mesma. Narra diferentes historias de curta extensión, máximo
vinte páxinas, sobre temas diversos, iso si, todas ambientadas na época do
inverno e do Nadal, tanto no presente coma nos recordos dos personaxes. Hai
contos con toques humorísticos e outros capaces de entenrecer a calquera dos lectores.
A
min este libro gustoume bastante pola forma de desenvolverse nas diferentes
historias e polo seu vocabulario sinxelo, o que o fai un libro ameno e rápido
de ler e de entender. Coma xa dixen antes, esta é a primeira obra de Manuel
Rivas que leo, e a verdade é que me pareceu moi bo.
O conto que máis me gustou
foi o de Félix, un rapaz con síndrome de Down que soñaba con xogar ao fútbol e
por fin conseguiuno, debutando coma lateral dereito e anotando un gol nese partido.
Non se pode pedir máis.
Sen comentarios
Publicar un comentario