ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de Katia Pereira González
Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais
 
 
Foi un libro que me parece estraño, é dicir que para o meu gusto as historias das que falaba parecíanme un pouco infantís. Aínda así gustoume lelo xa que cada relato trata de temas moi diferentes, a causa pola que quixen seguir lendo ata rematar o libro .
Este libro decepcionoume un pouco, porque pensei que ía ser diferente pola súa forma de contar as historias.
O conto que máis me gustou foi "A chegada de Ingrid", aínda que os ollos da nena inocente tiñan un fondo moi escuro. Ese fondo escuro é pola historia de adulterio, a muller de Manolo mantivo unha relación con Ramón mentres que o seu home emigraba a Alemaña (todo se descubriu polos comentarios da filla de Manolo, que é a narradora da historia), que esconde a "amizade" entre Ramón e Manolo. Esta narración ensínanos o duro que é a emigración, xa que separa a persoas queridas.
 

1 comentario:

Martín Lamas Villanueva dixo...

O libro pareceume moi bonito e gustáronme moito os finais dos contos, que eran inesperados, aínda que nalgúns deles ao principio non entendía moi ben de que ía, pero sempre sorprendían co final. Os que máis me gustaron foron os do partido de Reis e o da barra de pan, xa que me pareceu moi bonito o gol deste primeiro e tamen a reacción da nai no segundo.