ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/06/15

Sete Caveiras

Comentario de María Rodríguez González



Sete Caveiras 
Elena Gallego Abad
Xerais





O libro Sete Caveiras de Elena Gallego Abad narra a investigación dunha  xornalista sobre varios crimes nos que comparte protagonismo xunto cos bonecos de colección fabricados por Famobil da  colección dos anos 80 que aparecen nos lugares onde se cometeron os asasinatos. Céntrase na cidade de Vigo.
Tamén recolle os problemas de drogas, delincuencia e violacións que se vivían nos distintos barrios da cidade de Vigo.
Fai alusións a distintas formas de diversión e goce cos  grupos de música de  éxito nesa época (anos  80).
Marta, a xornalista, colle como algo persoal  querer descubrir, a través dos pequenos bonecos,  a identidade do criminal.  A protagonista,  que traballaba no diario na sección de sucesos,  acaba deixando o traballo por diferenzas co seu xefe.
Esta novela gustoume. É moi entretida e fácil de ler.

Sen comentarios