ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/06/15

A noite que Wendy aprendeu a voar

 Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


A noite que Wendy aprendeu a voar
 Andreu Martín
Xerais





"A noite que Wendy aprendeu a voar", o libro escrito por Andreu Martín é unha obra que trata dun crime e do que lle sucede á axente Wendy Aguilar no seu transcurso.
Cando lin o título non me imaxinei que o libro fose tratar dun crime ao contrario, ao principio pensei que a historia sería de fantasía, pero como se soe dicir "o que conta é o de dentro".
Cando comecei a ler o libro a primeira sensación que tiven foi a da curiosidade, xa que a nosa protagonista Wendy Aguilar era rexeitada no coche patrulla polo seu mozo Roger Dueso, debido a que a este gustáballe outra muller do corpo policial, e este non era capaz de seguir coa inocente Wendy. O que me interesaba bastante xa que quería saber como acabaría, pero iso tería que esperar xa que posteriormente recibirían a chamada dun crime, un asasinato, que terían que investigar. Mesturar estes dous temas (amor e crime) encantoume, xa que os dous espertaban en min unha enorme curiosidade. 
Pero a miña curiosidade pouco a pouco íase perdendo xa que durante a obra o único que se vía en xeral era a Roger Dueso "ligando" coa xefa de homicidios Andrea Pascual e a Wendy Aguilar escapando da morte e intentando atrapar aos asasinos e ladróns do Ollo de Deus (unha peza moi valiosa). O corpo da historia non me chegou a gustar tanto como o comezo.
A pesares diso o final encantoume xa que gustoume moito a forma coa que actuou Wendy Aguilar durante toda a historia e coa que actuou con Roger Dueso, que acabou tendo o seu merecido.
 En xeral, o libro gustoume moito e conseguiu engancharme, ademais de que me parece moi sinxelo de ler polo que eu o recomendo a todos aqueles que sobre todo lles gusta o crime.
 

Sen comentarios