ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/06/15

O inferno de Marta

Comentario de Telmo García Castro


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 
 
O libro de Pasqual Alapont O inferno de Marta é unha novela que me resultou entretida. e me gustou. A historia ten un final feliz para una situación de malos tratos e violencia de xénero. Está chea de optimismo a pesar de tratar un tema  que habitualmente ten finais tristes.
Marta, una moza de vinte anos,  cre atopar o amor en Héctor, un aparente bo chico que oculta un verdadeiro asasino de mulleres.
 A súa historia de amor irá complicándose ata converterse nunha tea de araña na que a pobre Marta non é máis que un insecto atrapado. As dúas personaxes principais responden perfectamente ao perfil de muller maltratada e maltratador.
A historia é fácil de ler e a trama sinxela, só quedei un pouco confundido co primeiro capítulo onde se fala de Isabel.  Non sabía quen era esta chica ata que me percatei de que era outra negra historia violenta na vida do canalla de Héctor.
A novela paréceme ademais de entretida , unha boa maneira de poñerte a reflexionar sobre o fácil que é perder o control da túa vida e chegar a ser unha muller acosada, maltrata e non respetada. É impresionante o manipulador que pode a chegar a ser un home maltratador.
Lin as reflexións finais de Vicente Garrido “A máscara do amor” pero esta parte non me gustou. Pareceume  un pouco lío  e houbo párrafos dos que non me enterei  para ser sincero.
A novela si me gustou. Conecta co lector, faise amena  e despois de lela un queda coa 
sensación de que colleu forzas para loitar contra o problema social dos malos tratos.

Sen comentarios