ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/05/15

Soidades de Ana

Comentario de Carla González Silva


Soidades de Ana
Jordi Sierra i Fabra
Galaxia
 
 
Esta historia de Jordi Sierra i Fabra é moi conmovedora. Relátanos a triste historia dunha rapaza de tan só 15 anos que falece tras sufrir un aborto.  A irmá da nosa  protagonista regresa de Londres e comeza a investigar a morte e a verdade sobre todo o  ocorrido para poder quedar un pouco máis tranquila. Ao longo desta historia coñeceremos  quen foi o rapaz que deixou embarazada a Ana, por que motivo ocorreu todo e para iso a irmá de Ana contará coa axuda dunha amiga da irmá chamada Lidia  e de Jairo, un amor do pasado pero co que regresará a Londres moi namorada del de novo.        
Teño que destacar que a actitude tanto do farmacéutico como da médica non me gustou porque ao mellor grazas a eles non sucedería o acontecido. Salientar por outra lado que a actitude de Vitoria foi magnífica e unha clara mostra do que é unha verdadeira irmá.
Encantoume o final da historia porque foi totalmente inesperado pero a súa vez fascinante.
Recomendaríalle ler este libro a todas esas adolescentes que están un pouco perdidas para que se decaten do que pode acontecer ás veces por non tomar a precaución debida. 

Sen comentarios