ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/05/15

Morgana en Esmelle

Comentario de Vanesa Lalín Pousa


Morgana en Esmelle
Begoña Caamaño
Galaxia




Este libro, nun primeiro momento, non me resultou fácil de comprender, xa que cada capítulo o conta unha persoa diferente, así atopamos dende o propio Merlín, como se falase connosco, contándonos a súa vida, Felipe de Amancia que nos narra o sucedido en Avalon ou a propia Morgana que no último capítulo me aclarou moitas cousas, xa que fixo como un resumo do libro enteiro, onde narraba as súas vivencias e crenzas.
   No libro cóntanos moitos feitos históricos, pero cargados de maxia, onde se nos quere ensinar moitas cousas sobre os que puideron ser os nosos antepasados, e así a través dos recordos da Britania e ata do chamado círculo artúrico poder reconstruír unha serie de feitos ou incluso mitos para saber algo máis de onde vimos.
   Ao longo de todo o libro, penso que nos quere transmitir, que todos temos una serie de sentimentos ou culpas que sempre nos deixan pegadas, onde ás veces os nosos actos fannos responsables de certas cousas que nos levan a ter que aceptar esas consecuencias que nós mesmos provocamos como é o caso de Merlín, que eu penso que todo o dano que causou foi debido a súa cobiza, e a súa a vaidade, co único fin de que os acontecementos se producirán como el quería, sen ter en conta os sentimentos dos demais, sobre todo de Morgana, que era una nena, e tivo que facerse forte cos golpes que a vida lle proporcionaba , xa desde que era moi pequena. Pero a pesar de todo isto hai partes que están cheas de amor e sentimentos moi diversos que che fan reflexionar do insignificantes que somos en certos momentos, pero todo o que está ao noso redor nos pode influír dunha forma ou doutra, para sempre, como lle pasou a Morgana.
   A min paréceme que no libro aínda que nos intenta transmitir a maneira de pensar e facer da Britania hai moitos anos, eu creo que en moitos aspectos non esta moi lonxe de ser coma hoxe, xa que moitos por chegar ao poder esquecen os sentimentos e ata os dereitos dos demais.   

Sen comentarios