ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/05/15

O club da calceta

Comentario de Carla González Silva

 
O club da calceta
María Reimóndez
Xerais
 
 
Este libro relata situacións que ocorren en moitos sitios e que poida que coñezamos algún semellante
 Este libro trata todo o que está a suceder na actualidade coas mulleres. 
Cando falo disto refírome a que non son ben valoradas, que sempre van ser criticadas e que nunca van gustar tal e como son.                  
Neste libro recóllense 6  relatos de seis mulleres que pretenden amosarnos todas as desigualdades que existen e que non debemos permitir. Estes relatos parecen distintos pero á súa vez teñen algo en común, a amizade destas mulleres que loitan cun mundo que as xulga.
Pode que este sexa un libro dos que te fan reflexionar, a historia que máis me gustou foi a de Fernanda porque mostroume que se  te propós algo podes chegar a conseguilo, destacar tamén o seu marido que confiaba plenamente nela e a axudaba.
Está claro que este libro ensínanos a que  nunca nos debemos rendir e que podemos conseguir todo o que queiramos e que sempre debemos axudar a todos os que o necesiten.                                               Recoméndoo a todo o mundo para que se decaten da sociedade machista que hai na actualidade.

Sen comentarios