ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/05/15

Ás veces quero morrer coa risa

Comentario de Noelia Blanco

 
Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper e Nina Stahl
Galaxia 
  
 
 
Bágoas. Comezo por aí a miña opnión persoal, e con iso xa dixen todo, ou bastante. "Ás veces quero morrer coa rísa" é un libro triste, moi triste; é un libro co cal, ou choras ou non tes nin empatía nin corazón; é un libro para aprender e darnos conta dos afortunados que somos ó poder ver o sol un día máis, cousa que eu antes non valoraba moito. Apréndeche que non merece a pena vivir preocupados, nin deixar de desfrutar dos momentos por tonterías, que nunca sabes cando se vai rematar.
Lendo este libro parei moitas veces a pensar, 'e se me chegase a pasar a min?'. Póñome na situación do protagonista, con 16 anos e cancro terminal,... Ten que ser o golpe máis forte que che poden dar. En plena adolescencia, coas ilusións que temos todos con esa idade, cos primeiros amores,  con todos os plantexamentos de como será o noso futuro, e saber que non o podes vivir, saber que á menos hora cerras os ollos, e sen querelo, dis un adeus para sempre.
É un libro que vos recomendo ler, sempre que teñades papel suficiente na vosa mesiña de noite.

Sen comentarios