ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/05/15

A cabeza de Medusa

Comentario de Noelia Blanco


A cabeza de Medusa
Marilar Aleixandre
Xerais
 

É un libro con certo interese para a idade na que estou, na adolescencia. Xa lin varios libros con esta mesma temática ou relacionada; abuso, case sempre dun home cara unha muller. Espero seguir lendo libros así, porque me enganchan, e doume posto na pel dos personaxes con facilidade, neste caso na de Sofía e Lupe, que sofren agresión sexual. Son temas moi reais, como a min me gustan os libros, e por desgraza, actuais, que vemos no noso día a día que estas cousas suceden. Ensínanos a non nos confiar sempre, que non todos son tan bos como pensamos, e que os adolescentes somos moi inocentes, e  a base de golpes temos que aprender e madurar. É un libro que, de verdade, recomendo ler.

Sen comentarios