ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/05/15

Ámote Leo A. Destino Xalundes

Comentario de Julia Cacheda Couto

Ámote Leo A.Destino Xalundes
Rosa Aneiros
Xerais
 
 
O libro  gustome moito.
  Este relato conta como catro amigos tiñan preparada unha viaxe por todo o mundo cando remataran as clases, pero todos se botaron para atrás menos unha, Leo.
  Eu non creo que me atrevera a viaxar soa polo mundo, por iso foi unha das cousas que máis me chamou a atención.
  Leo viaxa por Cádiz, Portugal, Granada, Barcelona, Marrakech, O Cairo e Istambul.
  O lugar que máis me gustou foi Marrakech, resúltame moi interesante viaxar a un país de Oriente e camiñar polos intermiñables zocos, ver o deserto, mesmo vivir nun riad por uns días.. Pero nunca se debe esquecer a falta de liberdade de expresión nesas partes de África.
  Nesta viaxe coñecín unha forma distinta de deambular polo mundo, de atopar compañeiros de viaxe, de ver as distintas caras das persoas, de como te pode engulir unha cidade e non deixarte marchar, de atopar o amor, e o máis importante é significativo; o que marca a un sitio non son os seus monumentos, museos... senón a forma de saudarse das persoas en cada lugar, a forma de despedirse, o idioma, a forma de vivir, os costumes, os aromas e sabores que transmite, todo.

Sen comentarios