ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/05/15

Ás veces quero morrer coa risa

Comentario de Carla González Silva

 
Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper e Nina Stahl
Galaxia 
 



En primeiro lugar darlle as grazas a miña profesora por deixarme este magnífico libro que fai florecer as bágoas a cada segudo.
Ás veces quero morrer coa risa podo dicir que foi o libro máis triste que lin. Narra a historia de Nils que con tan só 16 anos padece unha enfermidade que está á orde do día ``cancro´´. Neste libro refléxase como é o pensamento dun rapaz ao que lle queda pouco tempo de vida e que a pasa no hospital. A maioría das veces o nosos protagonista escríbelle a súa irmá todo o que el quere que ocorra despois de falecer e iso entristeceume moito.
Sorprendeume a actitude de Nils á hora de ter que marchar para á casa porque el non queria, non tan só pola situación dos pais senón por Helene, unha mociña que coñeceu no hospital coa mesma enfermidade e coa que remata morrendo antes que o noso protagonista, o que lle provoca unha dor moi grande; case a mesma que sentín eu lendo.
Debo salientar que o título deste libro non me gusta polo xeito de que non se relaciona co contido que ten o libro comezado a lelo. Cando vin o título pensei que ía ser unha historia coa que ía chorar coa risa, non que ía chorar de tristura.
Recoméndolle este libro a todas as persoas que quizais queiran saber como pode pensar o que lle pode ocorrer a un rapaz que con tan só 16 anos vaia morrer de cancro.

Sen comentarios