ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/05/15

Illa Soidade

Comentario de Katia Pereira González


 Illa Soidade
 An Alfaya
Xerais



Cando tiven por primeira vez este libro nas miñas mans e vin o título e a súa portada, pensei que ía ser un libro que non me ía gustar moito, pero a medida que ía pasando as páxinas, o seu contido ía sendo cada vez máis interesante. Gustoume moito porque foi un libro que me transmitiu moitas mensaxes e quedou gravado no meu interior.
Este libro é un reflexo da realidade social que existe no noso país. Unha homenaxe a todas aquelas persoas que viven na rúa e cuxa única compañía é a soidade.   
Fíxome reflexionar moito en todas aquelas persoas que viven na rúa, e que non teñen unha vida organizada como a maioría da sociedade. Que non teñen casa, comida, amigos, en definitiva, e sobre todo, que están illados pola sociedade e discriminados por ser como son.
Pareceume moi boa actitude a de Lucía, posto que grazas as súas charlas nocturnas Soa deixaba de ser “unha illa” e de estar soa, e volvía a terra, dándolle un pouco de luz na escuridade que reinaba na súa vida.
Este libro amósanos algúns dos estereotipos, por exemplo, de que a xente non se acerca a eles por vivir na rúa e este libro demostra que non porque vivan na rúa son malas persoas e poden ter un gran corazón. E nós deberíamos facer coma Lucía, ser valentes, e a pesar do que dirán, intentar integralos e facerlles a vida máis levadeira. Porque Lucía ía falar con Soa ás agochadas, xa que súa nai non lle gustaba que os “sen teito” descansasen alí, na Praza dos Mistos.
      

Sen comentarios