ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/05/15

Mareas negras

Comentario de Christian Oro


Mareas negras
Rafael Lema
Edelvives




O libro  é unha auténtica reflexión  do naufraxio do Prestige. Un grupo de rapaces  ven como a súa vila padece uns dos maiores atentados terroristas á natureza, á vida e á forma de vivir dun pobo.
Onde as iniciativas populares ían sempre diante da administración.
Os rapaces  sacárona coas súas propias mans moreas de fuel, de xurro pestilente << Becho recollía fuel  na praía >> (p.94). Os técnicos discutían  sobre que facer co barco, se traelo á ría ou sacalo fóra. Mentres os rapaces loitaban para atrapar os animais que non se deixaban, para limpalas e liberalas da morte. << Ana, Helena, Peces e Lis  preguntaban a Tico se aquilo se podía salvar >> (p.103).
En resumo, máis que unha novela é unha crónica, unha exposición da traxedia que sofreu Galicia e que a súa lectua debe valer para que nunca máis volva ocorrer.

Sen comentarios