ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/05/15

O diario violeta de Carlota


Comentario de Katia Pereira González


O diario violeta de Carlota
Gemma Lienas
Galaxia
 

A verdade é que non estaba moi segura de se me ía gustar. E teño que dicir que me encantou.  
Creo que todos nós deberiamos observar o mundo coas “gafas violetas”, como fixo Carlota tras a proposta da súa avoa.
Teño que resaltar que non nos damos conta da cantidade de situacións que se ven a diario nas que a muller é discriminada. Simples comentarios que, talvez, analizamos, costumes que nos parecen do máis normal. Quen se inventou que, en asuntos amorosos, o rapaces teñen que tomar a iniciativa? Por que o azul ten que ser a cor dos nenos e o rosa o das nenas? Por que está mal visto que choren os nenos? E por que non poden mostrar que teñen medo? Por que é máis importante o aspecto físico das rapazas que o dos rapaces?.
O diario de Violeta é unha guía que nos invita a reflexionar sobre a situación da muller no mundo actual.
A avoa e a nai de Carlota considéranse feministas, pero non radicais, son mulleres que loitan pola igualdade entre ambos sexos e, desta maneira, intentan axudar a Carlota a comprender un pouco máis a situación, invitándoa a poñerse as gafas violetas.
Este libro recoméndollo a tod@s, tanto a mulleres como a homes, porque aínda que se trate dun libro narrado por unha rapaza de catorce anos, non é para nada infantil e, tampouco, exclusivamente para adolescentes.

Sen comentarios