ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/05/15

Nubes de evolución

Comentario de Ánxela Barrio

 

Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais 
 
 
Ao comezo deste libro pensaba que ía ser o típico aburrido que non ten una historia principal a seguir polo que me desilusionei un pouco pero a pesar disto continuei léndoo e non me arrepinto nada, xa que igual que o xiro que tivo a vida dos personaxes para min esta novela cambiou moito.
En especial quero destacar un personaxe que aparece pero é coma se non o fixera, Ánxela, a muller de Luís porque grazas a ela a frase ten un sentido, os personaxes coñécense e así as súas vidas cambian por completo.
O que fixo que este libro terminara de conquistarme foi a capacidade de enlazar as cousas que ten por exemplo, que Amanda e Ánxela coñecíanse de antes, cousa que non me esperaba.
 

Sen comentarios