ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/05/15

Siddhartha


Comentario de Alberte Payo Lara


Siddhartha
Herman Hesse
Galaxia

Esta obra de Herman Hesse narra a historia de Siddhartha, o fillo dun brahman que comeza o seu propio camiño na procura do Atman. Entre os Samanas, aprende que o coñecemento pódese transmitir; pero a sabedoría non. Pasa de vivir na pobreza máxima a ser un rico comerciante. Fai de todo, proba a carne, xoga… todo isto para encherse do Sansara e de novo continuar na procura do coñecemento na soidade absoluta, escoitando o río e ao boteiro, un home que lle di:``Todo flúe e retorna, incluido  tí´´.  Noutra etapa volve atopar ao seu amigo Govinda.

Na miña opinión esta obra do escritor alemán  é moi realista pois reflicte a sociedade hindú dos anos 20. Na historia mestúranse diferentes temas coma o amor con Kamala, do cal nace un fillo,  a amizade con Govinda e a aprendizaxe de Vasudeva o ``barqueiro´´ pois ensínalle cousas ao protagonista moi importantes. Foi unha obra moi amena de ler e de entender.
 

Sen comentarios