ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/05/15

As mil e unha noites

Comentario de David González Sampayo

 
 
As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
 
As mil e unha noites é un libro formado por varias historias divertidas, interesantes e intrigantes que se sitúan nas zonas de Oriente, e todas elas van entrelazadas entre si. A maioría das historia son bastante longas, pero con todo, gustáronme  moitísimo case todas. A pesar da súa extensión, todas as historias son  medianamente sinxelas e fáciles de ler. Eu vou facer referencia a catro historias, as dúas que máis me gustaron e as dúas que menos. Os meus dous relatos favoritos foron "Alí Baba e os corenta ladróns" e "Aladino e a lámpada máxica", mentres que, "O conto de Yafar o barmequí e o beduíno enfermo" e "O home arruinado e o seu soño", foron as historias que menos me agradaron.
"Alí Baba e os corenta ladróns", foi unha das historias que máis me gustou, xa que é unha historia chea de intriga, diversión e aventuras. Nela un home chamado Alí Baba descubre unha cova chea de xoias e leva algunhas para a casa. Logo seu irmán intenta repetir a fazaña de Alí, pero queda enterrado baixo as pedras. Cando o xefe de 40 ladróns, o dono da cova, se enteira intenta de todas as maneira acabar con Alí Baba e os seus parentes, pero unha das súas criadas, Maryana, posúe unha intelixencia incrible e acabará con todas as malas ideas do xefe dos ladróns.
 "Aladino e a lámpada máxica" foi o relato que máis me gustou de todo o libro polo interesante que me pareceu e está historia tamén transmite varias ensinanzas, como a importancia do diñeiro naquela época ou a avaricia que posuía a sociedade. Neste relato un bruxo africano busca a Aladino para encontrar unha lámpada máxica e Aladino acabase quedando con ela. Con esta lámpada Aladino consegue todo o que quere desde un gran palacio ata casarse coa filla dun visir, a pesar de non ter nada que ver coa nobreza. Un día o bruxo róuballe a Aladino a lámpada máxica e todo o que consesguiu con ela, pero Aladino reponse e recupera o que é seu.
"O conto de Yafar o barmequí e o beduíno enfermo" atópase entre as historias que me desgustaron, xa que é moi pesada e aburrida, a pesar de ter tan só dúas ou tres páxinas. Desta historia non saco ningún dato positivo. A historia a simple vista parece ser de carácter cómico, pero a min non me fixo rir nin o máis mínimo.  Non me parece unha historia digna para estar nun libro bastante bo como é este.
"O home arruinado e o seu soño", na miña opinión, é unha das peores historias porque creo que os detalles da historia non están ben definidos e iso ten como consecuencia a non comprensión do relato. Por outra parte, á historia fáltalle substancia, xa que a medida que les, non tes, cada vez, máis ganas de que a historia continúe, senón que, estás desexando que o relato remate. A pesar de ser un relato moi curto, faise moi pesado, posiblemente porque non me gusta a historia, pero tamén, a pesadeza do relato pódese deber ao aburrida e repetitiva que, para o meu gusto, se fai o relato.
O último capítulo, gustoume moito e non o nomeei anteriormente, porque máis ca un capítulo, eu considéroo como un desenlace moi sorprendente e interesante; no que te das conta do por qué do título, "As mil e unha noites".

1 comentario:

anxo gil figueiras dixo...

As mil e unha noites é un libro que, cando o merquei, pensei que ía ser aburrido, pero equivoqueime, xa que o atopei entretido. Impresionoume a facilidade ca que os personaxes mataban a un ser vivo; atopeino machista, xa que só son mulleres as que enganan aos maridos, e só os maridos as poden matar polo feito de enganalos. O conto do libro que máis me gustou foi O corcovado, xa que reflexa o egocentrismo da sociedade, xa que o xastre, ao matar ao corcovado, foille encasquetar o problema a outro, e así sucesivamente co cociñeiro, o médico, etc. Ao final, todos confesaron o crime para salvar ao home inocente, e finalmente ninguén morreu, nin sequera o corcovado, e todo acabou ben para todos.