ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/05/15

As mil e unha noites

Comentario de Sergio Saavedra

 
 
As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
“As mil e unha noites” é un libroo que contén 18 historias, cada unha dentro da anterior. Algúns relatos teñen unha estrutura complexa na que cada conto inclúe outro no seu interior, coma as bonecas rusas. En cada conto un personaxe decide narrar un relato cando percibe que o relato ten algún parecido co seu caso persoal.
O libro empeza contando unha lenda na que o rei Shariar descobre que  foi traicionado pola súa muller tendo un amante. Este, enfadado, matou aos dous. Durante tres anos foi matando mulleres e causando o terror no reino ata que unha bela e astuta filla de Sherazade, o ministro, di que ten un plan para acabar con iso. O plan consiste en contarlle contos todos relacionados durante mil e unha noites até que, ao acabar, o rei Shazar decide non matala porque o pasou ben con ela e entendeu que non debería matar a todas a mulleres por culpa dunha soa.
Este libro non é que me gustara moito, pois houbo alguna historia que non entendín coma: “O conto de Yafar o barmequí e o beduíno enfermo” ou “As tres mazás”, e outras historias eran aburridas coma: “A fábula do lobo e a raposa” ou “A fábula do rato e a doncela”. Aínda que a pesares de non me gustar ensináronme algunha cousa como a perdoar ou a non facer o que non me gustaría que me fixeran…
As historias que máis me gustaron foron a de “O pescador e o xenio”, “Alí Babá e os corenta ladróns” e “Aladino e a lámpada marabillosa”. Por outro lado, as que menos me gustaron foron “O conto de Yafar o barmequí e o beduíno enfermo”, “Miña xoia e o seu asno” e “As tres mazás”.
Este libro recoméndollo a nenos de 11 ou 12 anos porque ten historias fantasticas.

Sen comentarios