ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/05/15

As mil e unha noites

Comentario de Francisco Rodríguez

 
 
As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
 
Esta selección de Brian Alderson pareceume do máis interesante pero, por desgraza, máis pola estrutura que polo contido. 
É verdade que si que houbo contos que lograron sacar de min esa inxenuidade que eu esperaba deste libro, pero eu ao ter persoalmente esa expectativa que tiña del a lectura converteuse nun pouco custosa e, nalúuns momentos, nada gozosa como debe ser sempre. Esta custosidade creo que tamén foi influída pola gran cantidade de nomes estranxeiros que hai nos diversos contos. Sei que é unha cousa que non se pode cambiar como tamén lle pasaría aos de Madrid se lesen un libro con nomes propios de Galicia. 
 O que comentaba anteriormente da estrutura pareceume o máis sorprendente de todo o libro pois o feito de ter un fío condutor como é a historia entre Sharazad e o rei Shariyar e o plan que as dúas irmans traman para entreter ó gran rei para que este non a execute.
Principalmente os contos que máis me gustaron foron: 1º, o dos dous homes que pelexaban por unha taleiga que ó final resultou que non era de ningún dos dous e tamen o de "Ali Baba e os Corenta Ladróns" onde a criada sorprendeume moitísmo salvando unha e outra vez a Alí Baba da morte por man dos corenta ladróns.
En definitiva, foi un libro que non volvería a ler por vontade propia e que me deixa un recordo algo amargo cun pequeno toque de dozura por esa estrutura tan interesante.
Deixando atrás o libro quero mencionar os meus grandes parabéns cara a Brian Alderson por este labor que fixo nesta selección de contos  e tamén sen ter en conta se lle saíu ben ou non.

Sen comentarios