ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/05/15

As mil e unha noites



Comentario de Mario Silva Canda


As mil e unha noites
Vicens Vives



O libro As mil e unha noites foi un libro que me gustou bastante xa que trae unha gran recompilación dalgunha das historias que máis me gustan , como por exemplo : Alí Babá e os corenta ladrons , O pescador e o xenio ...
Pero a historia que máis me gustou foi As tres mazás , xa que conta unha historia bastante enrevesada , comeza  contándonos que o gran califa Harún al-Rasid , vai co seu visir Yafar o barmequí , pola cidade para ver como lles vai aos seus súbditos ,  cando atopan a un pobre pescador  ao que lle din un novo sitio para votar as redes de pesca , e así o fai ao día seguinte volven onde votaran as redes , e atopan un cofre  no que hai unha muller despedazada  , o califa enfadadísimo co visir dille que como non atope ao asasino en tres días matarao , e non o atopou e cando ia ser decapitado apareceu  e contou a súa historia e o visir tivo que buscar ao responsable do crime que resultou ser o seu escravo persoal , polo que decide falar co califa , que comprende  o por que do que  fixo o escravo, e perdoulles a vida a todos.
Persoalmente este libro encantoume  xa que conta varias historias moi boas, e decidín darlle unha puntuación 8,75 sobre 10.

1 comentario:

Jorge González dixo...

Este libro pareceume moi interesante, porque aparte de contar moitas historias, tamén conta cousas relacionadas con reis e a cultura árabe.
A estrutura desta novela é un pouco complicada de entender, porque cando Sahrazad estaba a contar unha historia, dentro desa historia comezaba outra.
No libro trátase o tema da infidelidade e da inferioridade que tiñan as mulleres naquel entonces.
Ao final gustoume que Sahriyar, o sultán, lle perdoará a vida a Sahrazad despois de mil e unha noites.
A personaxe que máis me gustou foi Sahrazad, porque foi moi lista e así puido sobrevivir ao sultán.