ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/05/15

As mil e unha noites

Comentario de Carla González Silva

 
 
As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
Este libro teño que dicir que me pareceu un pouco aburrido, tardei quizás en conseguir entendelo xa que antes de rematar unha historia xa comezaba con outra  e non foi o típico libro que comezas a ler e non das parado.
 Cada unha das historias que se contan ao longo do libro teñen unha ensinanza que ao fin e ao cabo iso é o que importa cando les un libro.  Nesta  historia  o rei  Sahriyar é traizoado pola súa esposa por  ser infiel, a partires dese momento o rei cada día casase cunha muller e ao final rematas matándoas.
Debo salientar que a actidude de Sahriyar non me gustou porque non todas as mulleres somos iguais nin actuamos da mesma maneira e tamén poden ser eles os infieis.  
Sorprendeume moito o final porque o rei decátase que a súa muller non fora infiel e decide perdoarlle a vida un detalle precioso por parte de Sahriyer despois de todo o que fai ao longo da historia.

Sen comentarios