ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/05/15

As mil e unha noites

Comentario de Telmo García

 
 
As mil e unha noites
Vicens Vives
 


Cando a profesora indicounos que As mil e unha noite ía ser o libro de lectura obrigatoria  desta avaliación o certo é que me gustou a idea. Tiña oído falar desta obra da literatura árabe e picábame a curiosidade.
 O libro pareceume interesante ao principio pero a medida que fun avanzando na lectura resultoume moi repetitivo,  incluso cansino. Sei que a versión orixinal ten máis de duascentas historias, e que a versión de Brian Alderson tan só  dezasete, pero a verdade é que me chegaron… O libro conta a intelixente estratexia de Sahrazad para que o rei non a mate, unha estratexia que se basea en enlazar historias que acaban asbraiando e espertando o interese do rei. Tanta historia diferente, unida coma nunha cadea pola sucesión de relatos, non é o tipo de literatura que me gusta ler. Prefiro unha única historia cunha trama diversa, pero na mesma liña de acción e personaxes.
 Creo, de todos modos, que a obra ten unha parte moi positiva: a reflexión persoal. Algunhas fábulas fante reflexionar e apórtanche cultura e coñecemento.
A historia do libro que máis me gustou foi a fábula do lobo e a raposa. Esta fábula inténtanos transimitir o concepto da importancia da confianza. Aínda que a raposa confiou erroneamente no lobo ate dúas veces, o final saíulle ben a xogada porque comprendeu que a confianza cando se perde é moi difícil recuperar.
Non me gustou, porén, a historia do Corcovado, xa que me pareceu moi cruel co pobre cadáver, aínda que ten o seu punto de humor.
Se es dos que che gustan as historias-marco para intercalar todo tipo de contos, recoméndoche este libro. Se non es ese tipo de lector ao mellor abúrreste.

3 comentarios:

Noelia Blanco. dixo...

As mil e unha noites non é o meu prototipo de libro, nunca o escollería. Si é ben certo que "aprendes" coas súas especies de moralexas, pero son das que penso que a teoría todos a sabemos, o malo é a práctica. Non me enganchou en ningún momento, e fixo moi difícil a súa lectura e concentración. Iso de non rematar unha historia e comenzar outra non é que me gustara moito tampouco. En fin, que non foi un libro entretido. Aínda así, para quen lle gusten historias de reis, mulleres e todo iso, algo sempre pode entreter. A min esas temáticas abúrrenme.

Andrea Rodríguez Dobarro dixo...

Os personaxes están moi ben feitos, é decir , están ben caracterizados e teñen unhas cualidades moi ben definidas.
O texto está moi ben dividido , diferencianse as distintas etapas do libro.Tamén me gustou o seu contido , e por suposto a linguaxe utilizada , xa que me gusta a linguaxe que se utiliza.
A ambientación é moi diversa e colorida porque está ambientado na India , unha paisaxe idílica.
É un libro interesante e que recomendo.

Guillermo Fernández Portas dixo...

No momento que me dixeron que este era o libro que tocaba ler non me esperaba para nada un libro con tantas historias diferentes sen ter que ver unas cas outras. Esto non quiere dicir que non me gustase, que si que me gustou, pero si que me pareceron moitos contos. Non é un libro para ler do tirón senón para ir degustando relato a relato día a día. Como ben dixen antes o libro gustoume porque me ensinou moralexas, cultura islámica e experiencias para a vida. Non me sentín identificado con ningún personaxe pero gustoume a perseverancia da muller para lograr entreter con contos mil e unha noites.