ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/05/15

As mil e unha noites

Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada
 
 
As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
As mil e unha noites, é un libro que me gustou moito por diversos motivos que a continuación dispóñome a contar.
Principalmente dicir que a súa temática enganchoume moito debido a súa ampla variedade (amor, astucia, odio...), xunto coas historias que se tratan, unhas diferentes doutras e moi coñecidas con personaxes como Aladino ou Alí Babá que me facían lembrarme da miña infancia e finalmente a sinxeleza coa que se pode ler.
Semellóuseme moito ao libro que leramos anteriormente na asignatura de castelán, "O conde Lucanor", pois a estrutura do libro é a mesma, en ambos contan historias ao longo do relato. Isto non quere dicir, que sexan plenamente iguais, xa que a temática cambia.
En As mil e unha noites, un sultán chamado Sahriyar tras ser traizoado pola súa muller, decide executala. Despois da morte desta, prométese que todas as noites se desposaría cunha rapaza virxe e que a mañá seguinte a decapitaría. Sahriyar consegue o obxectivo que tiña proposto temporalmente, realiza a súa promesa con varias rapazas do pobo, ata que os pais destas deciden escapar con elas a outros lugares. Tras a fuxida das rapazas restantes, o visir, encargado de levarlle rapazas ao sultán, quédase sen opcións, pois as únicas rapazas que permanecen no pobo son as súas dúas fillas. É así como entra en xogo Sahrazad, filla maior do visir, que coa súa astucia consegue que o sultán deixe de facer o que prometeu e salva as mulleres do pobo. Debo enxalzar a forma orixinal na que Sahrazad consegue que isto pase, nada mellor que contando unha historia. 
A pesar de que o libro me gustou e recomendo lelo a toda aquela xente que non se molestou nin en ollalo, debo dicir que ás veces se facía moi repetitivo o tema principal xa que sempre era o mesmo, non rematar unha historia e deixala para o día seguinte.

Sen comentarios