ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/04/15

Penúltimas tendencias

Comentario de Nerea Álvarez González


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 
 
 
Este libro de poesía de Carlos Negro é un libro moi realista para a nosa idade, é dicir, que aínda que sexa un libro de poesía trata sobre temas que ós adolescentes lles “preocupa”. Teño que dicir que é a segunda vez que leo algún poema deste autor e, a verdade,  encántame como xoga coas palabras e coas metáforas.
Un dos poema que máis me gustou foi o poema de ES UNHA CHICA CHIC? (AUTOCUESTIONARIO). Gustoume moito este poema porque a estrutura deste é un cuestionario dunha revista de adolescentes; a adolescente que responde ó cuestionario non responde como o faría calquera adolescente, senón que responde con moita sinceridade, delicadeza e ás veces con algo de melancolía.
Os poemas que máis me gustaron de todo o libro foron os de NON TEÑO GANAS DE TI, porque tratan sobre o amor e o non amor, e a min eses poemas encántanme.
En xeral gustáronme todos os poemas, só hai un que non me gustou tanto coma os outros que foi o de CASUAL LOOK porque non entendín moi ben o que quería transmitir.

Sen comentarios