ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/04/15

Males de cabeza

Comentario de David González Sampayo


Males de cabeza
Fran Alonso
Xerais




"Males de cabeza" é un libro de Fran Alonso, que está composto de varios historias moi interesantes e divertidas, nas que un dos temas principais é a loucura que percorre o corpo de todo ser humano. Eu recomendaría esta historia porque é fáciil de ler e cun léxico non moi complicado. Con todo, deste libro tamén saco algúns datos negativos, como, o pesadas que se fan algúns dos relatos pola súa grande extensión e polo enrevesados que se poden chegar a facer. Seguindo estos datos vou destacar catro relatos: os dous que máis me gustan e os dous que menos. Positivamente vou destacar "A señora Lola" e "05 AM (Vigo)"; mentres que negativamente vou facer referencia a "Coma vostede e coma min" e "O ceo amarelo".

"A señora Lola" é unha historia curta pero moi productiva e reivindicativa. A pesar da súa pequena extensión nesta obra faise referencia ao machismo dalgunha sociedade e á impotencia da muller para actuar. No relato o tema principal é unha muller que traballa todo o día e leva un soldo á casa, e cando chega á casa o seu home pídelle que faga a cea, a pesar de levar todo o día deitado no sofá. Por esto e polo interesante que é a obra, esta foi unha das mellores do libro, para min.

Outra das obras que máis me gustou foi "05 AM (Vigo)" porque trata un tema moi actual e este relato, tamén é moi realista. O tema principal da historia son os efectos que causan as drogas sobre unha persoa, entre os que se atopa a perda da cordura. Cando falo de realismo refírome a que se saes de madrugada á zona de marcha dunha cidade, atopas moitos chavales que se atopan baixo os efectos das drogas e o alcohol.

Sobre "Coma vostede e coma min" e "O ceo amarelo" vou facer unha reflexión conxunta porque foron as dúas obras que menos me gustaron. Os motivos polos que menos me gustaron foron porque me pareceron unhas obras moi aburridas e decepcionantes, en definitiva, unha tontería. Creo que estas dúas obras  non merecen estar nun libro medianamente interesante e divertido. Tamén debo dicir que estas son as dúas obras nas que, na miña opinión, se expresa a tolemia no seu grao superlativo, xa que na primeira un home cre máis necesaria a alimentación dos seus cans cá súa e na segunda, un home ve o ceo amarelo pensando que ten hepatite e, finalmente, esa cor débese a que se vai producir unha chuvia de fideos.  

Sen comentarios