ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/04/15

Flor de area

Comentario de Nerea Álvarez



 Flor de area
Manuel Lourenzo González
Xerais





Este libro é un dos libros que máis me gustaron  porque é unha historia , como digo eu de medio amor , porque trata sobre o amor non desexado.Tamén é certo que así como me gustou moito a mesma vez desgustoume o lugar de desenvolvemento ,quero dicir,que o lugar onde ocorren os feitos non é que me desguste pero tería máis chicha, para o meu gusto,se ocorrese en  Galicia teríame moito máis interese .
Co tema ,gustoume moito a forma na que a protagonista se expresa porque é como moi natural ,simple e nótase que a súa vida non foi fácil.
Nesta avaliación foi o libro que menos me custou ler xa que engancha moito o seu personaxe principal e a historia como é de amor pois aínda me gusta máis.
Outra das cousas que non me gustou foi o título da novela.Gustaríame tamén que tivese outro comezo porque non me gustou moito o comezo que tiña ,de todas formas o final que tivo foi moi bonito.

Sen comentarios