ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/04/15

Ámote Leo A. Destino Xalundes

Comentario de Cristina Costela Seara

Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
 
 
“Ámote Leo” de Rosa Aneiros foi un libro que me gustou moitísimo. Este libro móstranos a valentía de Leo ao decidir facer a viaxe ela soa, despois de que os seus amigos se botaran atrás.

            Fálanos da valentía de Leo, unha rapaza que rematou a súa carreira, e que é capaz de coller un avión para viaxar polo mundo ela soa durante 6 meses. A súa familia, non o acepta moi ben. A actitude da nai é a que calquera nai tería, esa actitude protectora que todas as nais teñen, dicíndolle  que non vaia a África, que teña coidado, que non fai falla que estea os 6 meses por aí, cando queiras vir, volve. Mentres que seu irmán Roi, dille que lle conte todo o que fai, onde está e que de vez en cando se conecte a Skype, xa que a el tamén lle gustaría viaxar pero non pode porque está en cadeira de rodas.
            Leo, vai a Lisboa, Marrakech, Cairo e Istambul, durante as súas viaxes aos diferentes destinos coñece a xente coa que convive e grazas a eles gasta menos diñeiro, tamén se ve envolta nunha serie de aventuras e nunha misteriosa mensaxe da que só sabemos o que pon “ÁMOTE LEO A”, esta mensaxe atopáa Leo en cada un dos seus destinos.
            É un libro que engancha, porque queres ir sabendo a que lugares vai Leo, quen escribe a mensaxe e aínda así ao rematar o libro quédanche moitos interrogantes polo que toca ler o segundo libro de “Ámote Leo”.
            Eu penso que calquera persoa na situación de Leo suspendería a viaxe e quedaría na casa e cos seus amigos, ou quizais non tan amigos, porque se tiñan plantexado esa viaxe, non se deberían botar atrás cando xa o teñen preparado. Se xa sabían que non ían ir, que dixeran “non” dende un principio. Aínda así penso que Leo ademais de valentía, sente rabia e está enfadada cos amigos polo que decide coller un avión rumbo a varios sitios, para que os amigos visen que ela non se ía render, que ía loitar pola promesa que fixera. E cumprila.
           

Sen comentarios