ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/04/15

As mil e unha noites

Comentario de Nerea Álvarez González


As mil e unha noites
Vicens Vives





Persoalmente este libro non me gustou moito porque os reis tratan as mulleres como se elas fosen as únicas infieis, é dicir, que reflexa unha actuación algo machista.
En xeral os contos non me gustaron, porén houbo dous que me gustaron bastante. Foron “Aladino e a lámpada marabillosa” e o outro foi “Alí Babá e os corenta ladróns”. Eses foron os únicos contos que me gustaron .
O principio do libro foi o que menos me gustou xa que expresa unha forma moi machista do rei cara ás mulleres do reino porque cada vez que  casaba con unha , ó día seguinte mataba para que non lle fose infiel, isto non me gustou porque non todas as mulleres lle son infieis aos seus homes. De todos os xeitos, o final foi o que máis me gustou porque o rei acábase dando de conta de que a súa esposa non lle era infiel e acábase namorando dela e perdóalle a vida dicíndolle que el a salvará de todos os perigos que se lle presenten ante ela.
Gustaríame que se escribisen outros contos un pouco máis divertidos ou misteriosos xa que persoalmente as historias de xeques e xenios non me gustan moito.

Sen comentarios