ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/04/15

A aprendizaxe de Betsy

Comentario de Cristina Costela Seara


A aprendizaxe de Betsy
Dorothy Canfield Fisher
Triqueta verde.






            A aprendizaxe de Betsy, de Dorothy Canfield Fisher, é un libro que fai reflexionar sobre como hai que educar os nenos. Se os debemos tratar coma bebés, facéndolles todo ou deixándolles espazo e deixar que intenten ir collendo algo de autonomía e que vaian pensando por si sós.
Neste libro amósanos como a tía Frances a trata con moito agarimo, axúdaa en todo e acompáñaa a todos os sitios, mentres na granxa Putney, dinlle que poña a mesa, fregue, axude a cociñar e vaia soa a escola.
Penso que facer  ou axudar a facer as tarefas da casa e facelas máis ou menos ben é bo para os nenos porque séntense útiles e aprenden a facelas.
Betsy demostra ser unha nena moi intelixente, xa que estando ao coidado de Molly, ten que superar situacións difíciles e foi capaz de resolvelas por si soa, sen a a axuda de ninguén, chegando a sorprender aos Putney, e facendo que se sintan orgullosos dela. E como Betsy di no libro “a granxa Putney está chea de algo moi lindo, chamado felicidade”.
A pesares de todo, coido que Betsy era máis feliz na granxa Putney que cando a coidaba a tía Frances; aínda que ao principio se sentía unha estraña e tíñalle medo á prima Ann, co paso do tempo foise encariñando moito con todos, ata con Eleonor e Shep, tamén quería moito a Molly, coa que facía de “nai”.
Un libro que me gustou moito e que me fixo dar conta de que os “mimos” e ser tratados “entre algodóns” non sempre son sinónimo de felicidade.


Sen comentarios