ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/04/15

O inferno de Marta

Comentario de Cristina Costela Seara


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 



“O inferno de Marta” de Pascual Alapont é un libro que reflicte unha situación que calquera adolescente pode vivir, é dicir, é un libro moi realista, que engancha dende a primeira páxina, posto que desexas saber que é o que ocorre con Marta. Se deixa a Héctor e se se da conta de que iso non é amor.
            Non sei como hai xente que pensa que o maltrato á muller é amor, ou o que Marta facía, que xustificaba as labazadas dicindo que era porque estaba bébedo e despois el pedíalle perdón e regaláballe algo e todo seguía normal.
            Penso que nesas situacións as amigas xogan un papel importantísimo, porque elas teñen que facerlle ver á vítima que o que lle fai a súa parella non está ben. A actitutde de Héctor non me gustou nada, e non entendo, nin entenderei como hai xente que pode tratar así a súa parella, pegándolle, dicíndolle que non vale para nada, é dicir, minándoa psicoloxicamente.
            Ten que ser unha situación durísima, xa que a vítima non se atreve a dicilo polas ameazas da parella, e Marta, a min pareceume moi valente, porque despois de pasar por esa situación volveu a ser a Marta do principio, alegre, risoña e decide  ter o fillo, mentres que moitas vítimas quedan con trastornos e non o dan superado nin dan continuado coa súa vida normal.
            Está nas nosas mans parar esta situación! Non permitas que a túa parella te controle, nin que che diga que non serves para nada, estate atenta para poder paralo antes de que che poña unha man encima.

Sen comentarios