ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/04/15

A desaparición de Esme Lennox

Comentario de Vanesa Lalín


A desaparición de Esme Lennox
Maggie O ' Farrell
Galaxia







Con este título: “A desaparición de Esme Lennox”, pensei que se ía tratar dunha novela policíaca, pero non foi así, aínda que toda ela está chea de moita intriga e secretos por resolver.
   Cando comecei a ler, resultábame, en certos momentos, algo mala de entender, xa que pasaba dunha situación a outra cada pouco, pero co paso das páxinas deime de conta que os recordos de dúas irmás, Esme e Kitty, se intercalaban, pasaba dunha a outra, de repente, o cal ás veces resultábame algo confuso e complicado saber de cal nos falaba no libro, parecíame como se estivera facendo un quebracabezas, que neste caso era de ler e ir ordenando as ideas para poder comprender a historia, pero ordenando todo o que lía fun entendendo pouco a pouco o contido do libro, onde o misterio e os segredos se van facendo máis grandes, pero que cada vez entendía un pouco mais o seu entramado, onde calquera home, só coa súa opinión, facía que te illaran de todo .
   Eu esperaba que todo se resolvería de forma máis precisa, xa que penso que algunhas cousas non quedaron totalmente claras, dando pé a pensar se pasarían dunha forma ou de outra.
   Comprendín o moito que inflúe na vida das persoas a época e o lugar no que nos toque vivir, na cal se producen situación que fai que nos cambie para sempre, como foi o caso da nosa protagonista Esme, xa que as ideas desta non cadraban coas da súa época, a xente tiña outra mentalidade, chea de inconvenientes sociais, onde se non eras capaz de adaptarte podíache causar a exclusión ou o illamento social, levándote a situacións moi tristes que son capaces de cambiar a vida de calquera para sempre. 

Sen comentarios