ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/04/15

As mil e unha noites

Comentario de Julia Cacheda Couto


As mil e unha noites
Vicens Vives





As mil e unha noites" pareceume o libro máis aburrido que lin en todo o curso.
A min atráenme os libros que enganchan, que te deixan co “que pasara na seguinte folla”? Pero este apenas tiña fío condutor, remataba un conto e xa empezaba outro e a maioría deles falando de reis, ou xenios, iso si, sempre transmitían unha ensinanza.
Aínda así, a min os contos que máis me gustaron foron "O corcovado" porque todas as persoas que "o mataron" actuaron por medo a xustiza e ningunha se molestou en comprobar se estaba morto ata o final; "Aladino e a lámpada marabillosa" porque non se asemella en nada a película que vin sobre este conto cando era cativa; porén a historia que máis me gustou de todas foi a de "As mil e unha noites de Sahrazad" porque foi a única que con toda a súa astucia conseguiu cativar ao rei e non pola súa beleza senón polos seus coñecementos.

Sen comentarios