ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/04/15

Nassima, á sombra dos talibán

Comentario de Alberto Blanco


Nassima, á sombra dos talibán
Merçé Rivas Torres
Ir Indo





Nassima, á sombra dos talibán de Merçé Rivas Torres é un libro que conta a historia de Nassima, unha nena de dez anos, e a súa familia en Afganistán.
A autora do libro describe como viven as mulleres nun país en guerra gobernado pr unha minoría (os talibáns ) que teñen un poder absoluto sobre o resto da sociedade.
Este libro resultoume sorprendente porque trata a ausencia de dereitos e liberdades que sofren algunhas persoas no mundo. Tamén resaltaría o difícil que o pasan as mulleres nalgúns países onde as consideran inferiores aos homes.
Por último, eu destacaría a valentía dos personaxes do libro que arriscan a súa vida na procura da liberdade.

Sen comentarios