ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/04/15

O inferno de Marta

Comentario de Martín Lamas


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
  
 
Este é un libro que creo que está dedicado especialmente as rapazas para que non caian nas trampas dos maniáticos tolos que só buscan facer mal. Nos primeiros capítulos eu creo que xa tiñan que dubidar del polo seu feito de actuar ante a noticia do asasinato a rapaza do periódico pero, aínda así penso que as amigas, sabendo o que pasa, non a podían deixar soa porque deberían avisar a alguén polo menos.  A min fíxome pensar no mal que pode chegar a estar a xente e no efecto que fan nunha persoa psicoloxicamente, porque Marta non o quería deixar por moito que lle fixese.  En conclusión o libro gustoume moito sobre todo polo final.

Sen comentarios