ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/04/15

Pel de lobo

Comentario de Telmo García


Pel de lobo
Xosé Miranda
Xerais




Esta novela gustoume por varias razóns. A primeira porque a ambientación da historia resultoume próxima. Era fácil imaxinarse a manda de lobos e cazadores polos montes cando como no meu caso, vives rodeado de natureza. A segunda razón pola que me gustou foi polo final. Quedei moi abraiado cando descubrín que...
Quedei atrapado lendo os últimos capítulos que devorei ata a última folla.  Finalmente, tamén me pareceu entretida esta novela. Hai medo, intriga, hai amor, hai lendas populares, é una narración moi completa chea de acción e aventuras.
Só me resultou algo difícil algún  vocabulario. Hai palabras que parecen antigas,  coma de outra época ou polo menos a min mo pareceron. Aprendín varias como canizo ou sequeiro. Eran palabras do mundo agrario ou da caza e tiven que consultar varias no dicionario. 
É unha historia de crenzas populares en torno a ese animal magnífico que é o lobo, unha historia de aldea e de caza, da vida doutros tempos na montaña de Lugo cando o lobo era pouco máis o menos que un demo. A novela darache outra perspectiva deste animal.

Sen comentarios