ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/04/15

Mecanoscrito da segunda orixe

Comentario de Andrea Rodríguez Dobarro


Mecanoscrito da segunda orixe
Manuel de Pedrolo
Galaxia



Este libro non me gustou por diversas razóns.
A primeira é que comeza directamente no nó do libro. Non ten unha introdución clara e cústache enganchar a ler.
A segunda das razóns é que unha vez que empezas a ler é un libro que non engancha , que non tes esa intriga de que pasará despois disto.
A terceira e a última das razóns e que é demasiado repetitivo. Hai capítulos que parecen moi iguais, o que aborrece a lectura.
Á parte dos aspectos negativos tamén os hai positivos.
Por exemplo , os personaxes están moi logrados e actúan con moita normalidade a pesar da súa situación. Tamén axuda que a linguaxe que emprega é sinxela.

Sen comentarios